Que é unha fullonica?
Unha fullonica era un lugar onde se adicaban a lavar e tinguir roupa. O proceso de lavado era bastante longo, primeiro tiñan que restaurar os desperfectos; despois branqueábase a roupa con varias tinas cheas de arxila, ouriños e cinza; e por último aclarábase en auga. Unha vez lavada a roupa, estendíanse uns armazóns de metal para secala e posteriormente alisábase cunha prensa de ferro.
Naquela época vestían dunha maneira moi determinada: os homes dun xeito e as mulleres doutro.
No caso do home, vestía cunha túnica curta e un manto moi groso con capucha ou paenula por enriba, que lles servía como abrigo e para protexerse da choiva, mentres que a muller usaba unha túnica longa e un veo ou palla. Sobre a túnica colocábase unha toga ou stola, a toga estaba destinada a homes e as mulleres levavan a stola por enriba da toga.
Esta sociedade estaba dividida en distintas clases sociais: libertos, escravos, lexionarios, patricios, plebeos e mulleres.
Os pobres, libertos e escravos tiñan unha túnica simple con cores suxas como o marrón. Os cidadáns promedio usaban unha túnica completamente branca ou de cores claras feita de la; os patricios usaban unha túnica de cores vivas con ribetes púrpuras feita de lá e sandalias; e, por último, o emperador contaba cunha túnica e toga moradas con patróns dourados; por outra banda os centurións e oficiais do exército levaban una coiraza cun cinturón de coiro e un casco cunha crista.
Dependendo da etapa da vida na que se atope a muller, peiteábase de distintas formas: durante a infancia e a adolescencia, as mozas romanas levan o seu cabelo natural, liso ou rizado; despois da súa voda, as mulleres podían poñer o cabelo como elas quixesen.
Para as mulleres romanas a maquillaxe, a perfumería e o peiteado eran o último que se facía na hixiene persoal, pero ao tempo, unha das cousas máis importantes. Normalmente lavaban o pelo cada nove días e peiteábanse copiando o estilo das grandes damas.
Outro factor a ter en conta era a cantidade de fillos e fillas que tiña unha muller, xa que se tiña máis de tres fillos podían levar a stolae matronae, a cal se distinguía visualmente da stola común, e ademais permitíalles acceder a certos privilexios.
Isto son os temas que se tratan no obradoiro de Noemia, unha das nosas profesoras de historia, no que os nenos e nenas poden desfrutar dunha breve representación ao principio, que os levará á Pompeia do século I d.c. Son guiados por unha ninfa que, antes de despedirse, entrégalles dúas moedas aos nenos e nenas. Tras chegaren ao destino uns gardas dinlles onde se atopan, na Fullonica de Stephanos, e despois diso déixanlles pasar.
Dentro recíbenos un par de escravos que lles fan unha pequena introdución á fullonica. Xa no interior os nenos e nenas sepáranse en dous grupos: a uns deles vai cun grupo de alumnos, quen lles explica que era unha fullonica e o seu funcionamento; o outro grupo de nenos e nenas vai con grupo de alumnos que explicalles as distintas prendas de roupa, e ao terminar rótanse os grupos.
Despois de terminar as explicacións, os nenos e nenas colorean uns bonecos de cartón con forma de patricios ao seu gusto. Para rematar, os nenos e nenas apostan as moedas que recibiron ao principio nun simple xogo -recordemos que os xogos de azar foron moi populares no mundo romano- de adiviñar os dados.
En conclusión os nenos e nenas relatan esta experiencia como moi divertida e entretida, xa que aprenden como vestían na antiga Roma e, ao mesmo tempo, realizan distintos xogos. O comentario xeral é que repetirían esta experiencia sen dubidalo.









