xoves, 10 de abril de 2025

Moito máis que música

A música forma parte do máis esencial do noso ser. É unha arte que nos inflama. Dende que nacemos escoitamos música, está sempre presente nas nosas vidas: podemos dar paseos cuns auriculares postos, ir a un concerto -ou dalo-, bailar co amor da nosa vida mirándonos aos ollos, motivarnos antes dun gran partido ou dun exame moi difícil, e un longo longuísimo etcétera.

 

No Obradoiro de Begoña, o alumnado divídese en catro grupos, nos que comezan a traballar no seu proxecto. O primeiro grupo trata sobre unha das persoas máis importantes da música no século XX, a cantante, compositora e produtora discográfica Madona; o segundo grupo fala do compositor alemán do clasicismo Ludwig Van Beethoven; e por último, pero non o menos importante, o terceiro grupo trata a saga de xogos de baile máis importante da historia, os Just Dance

 

Para comezar falámosvos do grupo que trata da cantante estadounidense Madonna. Empezan ensinando ao alumnado un panel informativo feito por eles con moitísima información sobre a artista, desde o seu nacemento (16 de agosto de 1958), aos seus discos máis importantes (o seu disco homónimo Madona é un deles), como tamén dos grupos nos que estivo (Breakfast Club e Emmy). Tras a presentación e unha ronda de preguntas, os nenos e nenas participan nuns minixogos músicais, (o clásico das cadeiras e a música que se detén) acompañados dalgúns éxitos de Madona.

 


A música sempre estivo formada por distintos xéneros musicais, é un dos máis recoñecidos é a música clásica; caracterizados polos seus compositores como poden ser Mozart, Bach ou o mesmísimo Beethoven.

Ludwig Van Beethoven foi un director de orquestra, compositor, pianista e profesor de piano alemán nacido no ano 1770. Esta información sobre Beethoven (e moita máis) está apuntada noutro panel informativo feito polo alumnado de secundaria. Unha vez explicado todo isto ao público, chega o momento dunha serie de preguntas que fan aos nenos para ver que tan atentos están. Tras rematar coa parte teórica pasarán a ensinar tanto as pezas clásicas do autor como versións modernizadas.

 

O seguinte grupo trata sobre a famosa saga de videoxogos da compañía francesa Ubisoft, os Just Dance. Estes son uns xogos de baile onde hai que imitar os bailes que se mostran na pantalla a través dunha serie personaxes para ir gañando puntos. Falando destes personaxes, trátase de avatares vestidos de forma colorida e extravagante; estes avatares son debuxados nuns carteis como se fosen as portadas dos xogos. Os grupos de primaria que pasan polo obradoiro danlle cor a un anaco do cartel ata estar rematado.


A tradición é algo que sempre está ben manter, e pódese dicir que unha das tradicións da semana cultural é que no obradoiro de música os nenos e as nenas fagan reproducións duns instrumentos musicais acordes ao seu curso e ás súas capacidades:

 

-Os rapaces pequenos (primeiro de primaria) construirán un crótalo, que é un instrumento composto por un cachiño de goma dobrado á metade ao que se lle pegan dúas chapas, e que facendo pinza e golpeando as chapas, producen sons.

 

-Segundo de primaria fai maracas con bólas de plástico cheas de arroz, que despois se poñen entre dúas culleres de plástico para que se poidan axitar e producir son.

 

-Os grupos de terceiro de primaria fan unha ferreña: a un pau de madeira crávanselle un total de tres chapas e cun simple movemento de man, soan.

 


-Os de cuarto fan o carrizo, que consiste nun anaco de tubería de plástico cortado á metade que se rodea cunha banda elástica na que se entrelaza unha peza de madeira, de xeito que cando se tira da peza e se solta, impacta contra o tubo, facendo o son que se espera deste instrumento.

 

-Para rematar, o alumnado de quinto fai un monocorde, un instrumento coa forma do mástil dunha guitarra, e como o seu nome di, estará percorrido por una única corda, que se pulsa na parte superior a distintas alturas para que cando vibre produza distintas notas.

 

Como podemos ver, a música pode interpretarse de moitas formas, e tamén pode ensinarse de xeitos moi diversos, por exemplo falando de grandes músicos; do seu uso para mellorar a experiencia artística e cultural en obras de teatro, videoxogos, películas e demais; ou ensinar o traballo dos luthiers ao facer instrumentos simples. 

 

Sumándose un alumnado disposto a traballar e un ambiente moi musical (característico de Begoña) temos un excelente obradoiro que ensina o peso e a importancia da música, ao alumnado de primaria.

 

 

O grupo de prensa fíxolle unas preguntas ao alumnado de segundo de primaria sobre a súa experiencia no Obradoiro: que lles parece máis destacable, cal é a súa opinión sobre o traballo do alumnado de ESO, e se repetirían con esta actividade.

 

Ao primeiro alumno ao que lle plantexaron as preguntas gustoulle o obradoiro, destacando a actividade onde puido tocar instrumentos novos para el, espertando o seu interese pola música. Tamén lle gustou moito cando bailaban algunhas das cancións máis populares do Just Dance, e comentou que como para o alumnado da ESO o rol docente era unha novidade na semana cultural, ás veces mostrábase un pouco despistado, pero en xeral axudaba ben coas actividades de creación, concluíndo en que sen dúbida repitiria a experiencia. Outra alumna compartía as mesmas opinións positivas, chegando á mesma conclusión: que valeu moito a pena a experiencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida e peche

Velaquí xa o final do noso traxecto cultural e xornalístico. Tras a montaña de artigos publicados, tras todas as teclas soando ao seren puls...