xoves, 10 de abril de 2025

Nenas e nenos: un futuro moi presente

A idade na que o ser humano máis aprende a conectar co mundo é a infancia máis tenra, como tamén é a etapa na que máis se aprende, as máis cativas e os máis cativos ven o mundo dende unha perspectiva tan prezada coma a propia xuventude.

Pero tamén é neste momento tan importante na vida de cada persoa onde se ha de facer un maior esforzo por ensinar. Traballar coa rapazada máis pequena é un labor moi complicado, que require grande dedicación e implicación, e que, ademais, conleva moito compromiso, pois quen intente ensinar ás nenas e nenos máis novos ten nas súas mans o posible éxito da etapa máis importante da vida humana.

Neste panorama mostra toda a súa valentía Víctor Hugo, como cada ano, ao ser o encargado da rapazada de infantil, xunto ao seu equipo estudantes maiores -de secundaria, nada máis nin nada menos-.

O grupo ten moita responsabilidade nas súas mans, e sábeo, por iso fai as actividades máis divertidas e educativas para traballar coas máis cativas e cos máis cativos.

O primeiro grupo ten preparados varios debuxos de distintas prendas de roupa en clase de plástica, que as máis e os máis mozos da nosa escola colorean e deseñan, poñéndose na pel de modistas e modistos.

 

O segundo grupo agarda, ou ben no ximnasio, onde organiza un desfile con disfraces varios que as criaturas de infantil se poñen e cos que xogan a ser grandes modelos de pasarela; ou ben na clase de música, onde baila coa rapazada cativa, ensínalles bailes con distintas músicas, como “country” ou “rock”.

O último deles é o encargado de agardar no comedor, onde ensina a facer pan, cocíñanse bolos de cores diversas que, ademais de estar moi bos, son moi vistosos; e mesmo pizza, cousas que despois papan as súas e os seus cociñeiros.

O que temos ante nós e un obradoiro moi lúdico para a rapazada, así como divertido, moi importante para o ensino e a formación dos gromos humanos que florecen no colexio de infantil no Martín Códax.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida e peche

Velaquí xa o final do noso traxecto cultural e xornalístico. Tras a montaña de artigos publicados, tras todas as teclas soando ao seren puls...