Hoxe, venres 11 de Abril, desfrutamos da música en directo do grupo musical Abril. Neste concerto respirouse un ambiente de festa e alegría grazas á musica de Abril e á previa preparación do escenario por parte do profesorado, alumnado e especialistas.
As artistas destacaron a participación do público no concerto, facendo este de coro para elas. Antes de cada canción, explicábannos o motivo, o tema e a letra de cada unha delas, coa finalidade de que entenderamos o seu proxecto actual.
Durante a actuación puidemos desfrutar de diversas cancións de variados temas, aínda que todas elas parten da cultura galaico-ibérica, combinando as dúas culturas e linguas.
En conclusión, os rapaces e rapazas agradeceron saír da rutina e poder escoitar en directo á música de Abril.
Queremos expresar o agradecemento por parte de toda a escola ao grupo Abril por brindarnos a oportunidade de desfrutar canda elas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario