Aínda que nesta semana cultural o tema escollido foi a moda, en sentido amplo, non todos se adican a traballar con cousas directamente relacionadas co tema, como é o noso caso, o equipo de prensa ou o caso do grupo de infantil. O noso labor é escribir un artigo sobre cada un dos obradoiros que se fan; un dos máis solicitados e interesantes é o de xoiería, dirixido por Lourdes.
Neste obradoiro están centrándose nas modas do mundo da xoiería e bixutería. Están organizados en grupos de dous, tres, catro e cinco mozos e mozas que lles van dar unha formación do máis interesante a grupos de terceiro e cuarto de primaria.
Un dos grupos traballa na fabricación de xoias tendo en conta a simboloxía tradicional das pedras preciosas e semipreciosas. Nós -da mesma maneira que fixeron eles- investigamos un pouquiño sobre o tema para contárvolo a vós. Aprendemos que a simboloxía das pedras afirma que cada mes ten unha pedra asociada, e segundo a túa data de nacemento a pedra indica algunhas características de como pode ser a túa personalidade e axúdache a sacar todo o teu potencial:
Co mes de xaneiro vincúlase a pedra granate, que aporta valores como a confianza, protección, forza e amizade.
Con febreiro é a ametista, e indica serenidade, realeza e axuda a manter relacións fortes.
En marzo temos a augamariña, que aporta paz, coraxe, confianza e serenidade.
Co mes de abril relaciónase o diamante negro, que dá poder, misterio, elegancia e boa sorte.
En maio é a esmeralda, e aporta saúde, fortuna e abundancia.
Xuño ten a perla, que é símbolo de pureza, sabedoría e honestidade.
En xullo temos o rubí, que indica poder, diñeiro, realeza e forza.
En agosto está o peridosto, que protexe contra malos espíritos.
Setembro ten o zafiro, e aporta elegancia, realeza e sabedoría.
En outubro está o ópalo, que proporciona luz, maxia e invisibilidade.
Novembro ten a citrina, que ofrece alegría, brillo e felicidade.
E para rematar, para decembro atopamos o topacio, que indica lealdade, paz e serenidade.
Despois de explicar isto mesmo aos nenos, danlles a escoller facer un colar, pulseiras ou pendentes; para isto contan cos seguintes materiais: arames, fío, abelorios e plumas.
O seguinte grupo, durante a preparación da semana cultural, fixo unha reprodución da tiara de Katharina Henkel Von Donnersmark. Realizaron a actividade con cartolinas, para formar a estrutura da coroa; fragmentos de vidro de botella lixados, para imitar as esmeraldas que contén; lamas de cobre; cinta de carroceiro, para pechar a coroa; e perlas para decorala.
Nos días previos fixeron unha coroa máis elaborada, para facer de modelo, pero cos nenos e nenas de primaria fan unhas máis sinxelas para que cada un poida levala á súa casa.
Outro grupo fai manualidades un pouco máis complexas. Trátase de fabricar dende cero aneis e pulseiras de estaño trenzado para iso, van a precisar da utilidade de martelos, lixas, alicates e ferramentas varias.
O cuarto grupo elaborará atrapa soños, e precisan la, arames, fíos, abelorios de cores e plumas.
A estrutura é con arame, terá forma circular, que está decorada a redor coa la, logo farase a estrutura de dentro co mesmo material e logo colocaranse os abelorios xunto coas plumas.
E por último temos un grupo que fai niños de arame con abelorios simulando ser ovos. Teñen unhas cantas mostras de exemplo para que os nenos e as nenas teñan unha idea do que van facer na mañá. Estes niños poden servir para decorar algún rincón da casa ou como complemento dalgúns xoguetes, entre outras moitas cousas. Sería un bo sitio para que Fabergé puxese os seus ovos?
O resultado en xeral é moi bo. Fixemos unha votación cos nenos e nenas de primaria e os grupos mais votados e que mais interesaron foron o de facer coroas, o dos atrapa soños e o dos niños. Citando algunhas palabras dos nenos e nenas aos que lles preguntamos que lles pareceu e como o pasaran, dixeron: “o pasamos moi ben”, ou “foi moi divertido”.
E algunhas das opinións dos rapaces e rapazas da ESO foi : “unha das clases mellor ca outra , pero en xeral bastante ben”, ou “mellor do que esperabamos”.
Espero que desfrutedes tanto lendo este artigo como de seguro fan os nenos e nenas de primaria aprendendo, xa que o alumnado de ESO traballa e esfórzase moito para que todo saia de marabilla.




