A habilidade de crear substancias olorosas atractivas remóntase á idade de pedra, cando as persoas queimaban madeiras aromáticas. Na antiga Grecia, Hipócrates recomendaba os baños perfumados.
Cando se abriu a tumba do faraón Tutankamón atopáronse máis de tres mil potes con fragrancias que aínda conservaban o seu cheiro a pesar de permaneceren sepultadas por máis de trinta séculos.
O primeiro gremio adicado a esta arte nace na época Romana, co grupo dos ungüentarii. Pero antes deste suceso, o traballo era realizado maioritariamente por mulleres, aínda que tamén se empregaban na igrexa para os ritos relixiosos. Neste hábito resalta a existencia do botafumeiro, un enorme incensario bañado en prata que colga do teito da catedral de Santiago para perfumar as misas e enmascarar o olor de moitos peregrinos xuntos despois de meses de camiño, durante a Idade Media.
A propia palabra perfume provén do latín per, “por” e fumare, “a través do fume”. Esta palabra aparece por primeira vez na lingua catalá na obra El Terc del Crestià (1388) por Francesc Eiximenis. O tema do perfume chegou a obras tan celebradas como a de Patrick Suskind, O perfume, onde se trata o asasinato de varias mulleres para obter o seu perfume.
Na actualidade, usamos a palabra perfume para referírmonos ao líquido aromático que se usa para desprender un cheiro agradable. Tras moita investigación descubriuse que os perfumes poden provocar cambios no estado de ánimo, sendo este un dos posibles motivos polos que se usaban na antigüidade, e o seu uso actual nas tendas para conseguir que esteas máis tempo nelas. Como resultado deste estudo, nace a aromaterapia, o uso dos aceites esenciais das plantas para mellorar o equilibrio e o espírito das persoas.
Nesta semana cultural o alumnado do terceiro ciclo de primara poderá experimentar co olfacto. Para isto o estudantado de 3º e 4º de ESO ten preparado unha serie de actividades que facilitarán unha aprendizaxe activa.
Empezarán cunha explicación sobre a seguridade no laboratorio e como se debe traballar nel; continuarán cunha explicación sobre o funcionamento do sistema olfactivo; tras isto falarán da composición química dos perfumes, e da elección dos compoñentes segundo a época na que esteamos situados e farán ente medias actividades sobre estes temas; para rematar, os rapaces de primaria divídense en pequenos grupos para crear o seu propio perfume, a partir da mestura de distintos aceites esenciais, que poderán levar para a casa xunto unha ficha onde marca os seus compoñentes e a súa composición química.
A opinión maioritaria dos nenos nos di que este obradoiro é moi completo e está feito para entreter e ensinar ao mesmo tempo, opinión que compartimos ao visitar o obradoiro en momentos de traballo xa que combina moi ben o traballo manual cos xogos de pensar. Como dixo un dos entrevistados de 6ºA “facer perfumes mola moito”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario