martes, 8 de abril de 2025

Música na escola: ABRIL



Este próximo venres, 11 de abril, o alumnado da escola poderá desfrutar da música en directo do grupo musical Abril. Para isto o grupo de prensa tivo a oportunidade de gozar dunha entrevista con Claudia Abril antes deste ansiado día.


Este grupo de música mestura a música tradicional galega con métodos actuais. 

O curioso nome de este grupo, Abril, débese ao mes de fundación do grupo que coincide co apelido dunha das integrantes, Claudia Abril (voz e percusión). 


Este proxecto naceu no contexto do campamento musical de San Simón, onde se coñeceron aos 16 anos Claudia Abril e Marina Carpente (violín e voz), as actuais integrantes; de alí provén a súa paixón pola música galega e tradicional, resaltando a figura do violín. 


Para crear as súas cancións, inspíranse en cancións tradicionais que cantaban as nosas avoas, engadindo novas letras e melodías propias. 


Estas artistas con formación no conservatorio e a carreira de música buscan representar o seu idioma e a súa nazón a través do uso da lingua galega, enfocándose no seu actual proxecto, Abril, ademais de adicarse a dar clases musicais. 


Non é a primeira vez que actúan diante dun público escolar, e agardan do concerto no Martín Codax a sensación de crear un “ambiente alegre e pracenteiro”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Despedida e peche

Velaquí xa o final do noso traxecto cultural e xornalístico. Tras a montaña de artigos publicados, tras todas as teclas soando ao seren puls...